Wednesday 15 de May de 2024

O Goberno local propón á Comisión de Economía e Facenda reorientar un máximo de 13 millóns de euros do orzamento para destinalos ao PRESCO


 

O Executivo local anunciou hoxe que adiantará ata un máximo do 90% do pagamento das subvencións concedidas vía convenio ou vía convocatoria ás entidades sociais, sociosanitarias, culturais e deportivas que precisan do adiantamento de fondos para poder manter a súa actividade
Esta mañá tivo lugar a segunda Comisión de
Economía e Facenda para abordar o Plan de reactivación económica e social da
Coruña (PRESCO), na que tomaron parte o voceiro do Goberno local, José Manuel
Lage, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, a concelleira do Partido Popular,
Rosa Gallego, a voceira de Ciudadanos, Mónica Martínez, e o concelleiro de Marea
Atlántica, Iago Martínez.
O Goberno local presentou na comisión un documento base, cunha proposta de
mínimos, aberta para negociar co resto de grupos políticos municipais, e na que
destaca a reorientación dunha partida de 13 millóns de euros do orzamento actual
que sería destinada ao PRESCO, ademais de contemplar a incluisón de 41 millóns
de euros para impulsar as inversións en obras, equipamentos e infraestructuras.
O Executivo local prevé reorientar a metade desta contía (entre 6 e 7 millóns de
euros) a reforzar os programas de políticas sociais, baixo o termo “Coruña
Solidaria”. Ademais, poderían adicarse entre 5 e 7 millóns de euros para o apoio aos
autónomos e ás autónomas, ás pemes, ao comercio, á hostalaría e á industria
cultural, e tamén se poderían adicar ás políticas de formación e inserción laboral.

Neste senso, José Manuel Lage explicou que “esta é unha proposta de mínimos, a
partir de agora haberá reunións bilaterais co resto de grupos municipais para perfilar
as liñas de actuación e concretar os programas que se incluirían nos tres grandes
eixos de actuación do PRESCO”.

Adianto do 90% dos convenios das entidades sociais

Outro dos eixos principais do documento que hoxe se presentou contempla o
adiantamento dun máximo do 90% das cuantías das subvencións e convenios
nominativos das entidades sociais, sociosanitarias, culturais e deportivas que
precisan do adiantamento de fondos para poder manter a súa actividade.
Esta decisión do Goberno local responde ás peticións feitas por diferentes entidades
sociais, que precisan de liquidez para poder afrontar os vindeiros meses. “Somos
conscientes de que moitas entidades están facendo un gran esforzo e precisan que
se lle adianten os fondos municipais que temos previsto darlle en 2020, por iso imos
a adiantarlle ata un máximo do 90% da cuantía dos convenios”, sinala Lage Tuñas.